Caxemirés कॉशुर Koshur كٲشُر | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [kəːʃur] | |
Falado en: | India | |
Rexións: | Jammu e Caxemira[1] | |
Total de falantes: | 6,7 millóns (censo de 2011) | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranio Indoario Dárdico Caxemirés | |
Escrita: | Alfabeto persa (contemporáneo)[2] Devanágari (contemporáneo)[2] Alfabeto sharada (antigüidade/liturxia)[2] | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | India[3] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ks
| |
ISO 639-2: | kas | |
ISO 639-3: | kas
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua caxemiresa[5] (कॉशुर, کٲشُر, ou koshur) é unha lingua do subgrupo dárdico[6] das linguas indoarias e que é falada principalmente no val de Caxemira e de Chenab, en Jammu e Caxemira.[7][8][9]
Hai arredor de 5 527 698 de falantes na India, segundo o censo de 2001.[10] Segundo o censo de 1998 había 132 450 falantes en Caxemira Libre, Paquistán.[11] Segundo o profesor Khawaja Abdul Rehman, a lingua caxemiresa que se fala no val de Neelum está a piques de desaparecer.[12]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search