Lingua hebrea

Hebreo
עברית (ʿIvrit)
Pronuncia:[(ʔ)ivˈʁit] - [(ʔ)ivˈɾit]
Falado en: Israel, Cisxordania e Franxa de Gaza[1] usado globalmente como lingua litúrxica polo xudaísmo
Total de falantes: Revivida a finais do século XIX: 9 millóns de falantes de hebreo moderno, dos cales 5 millóns son falantes nativos(2017)[2]
Familia: Afroasiática
 Semítica
  Semítica central
   Semítica noroeste
    Cananea
     Hebreo
Escrita: Alfabeto hebreo
Braille hebreo
Status oficial
Lingua oficial de: Israel (como hebreo moderno)[3]
Polonia Polonia (Recoñecida como lingua minoritaria)[4]
Sudáfrica Suráfrica[5]
Regulado por: Academia da Lingua Hebrea
האקדמיה ללשון העברית (HaAkademia LaLashon HaʿIvrit)
Códigos de lingua
ISO 639-1: he
ISO 639-2: heb
Mapa
Status

O hebreo está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[6]

O hebreo[7] ou hebraico[8][9] (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".[10]

O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV[11] e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo,[12][13] dos cales 7 millóns son de Israel.[14] Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos,[15] a maioría procedentes de Israel.

O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.

A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.

  1. "CIA's World Fact Book". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 2013-04-25. 
  2. "Hebrew". Ethnologue. 
  3. "Basic Law: Israel - the Nation State of the Jewish People" (PDF). The Knesset. The State of Israel. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de abril de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  4. Pisarek, Walery. "The relationship between official and minority languages in Poland" (PDF). European Federation of National Institutions for Language. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  5. "Constitution of the Republic of South Africa, 1996 – Chapter 1: Founding Provisions | South African Government". www.gov.za. Consultado o 2020-08-29. 
  6. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  7. "hebreo". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hebraico.
  9. "hebraico". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  10. "Most ancient Hebrew biblical inscription deciphered". Physorg.com. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  11. ""Se non puideses falar grego por dicir a época do cristianismo primitivo non poderías conseguir un traballo. Non conseguirías un bo traballo. Un traballo profesional. Había que saber grego ademais da túa propia lingua. E así estabas chegando a un punto no que os xudeus... a comunidade xudía en Exipto e grandes cidades como Alexandría xa non sabían hebreo, só sabían grego. E así necesitas unha versión grega na sinagoga. Traducido do orixinal: "If you couldn't speak Greek by say the time of early Christianity you couldn't get a job. You wouldn't get a good job. a professional job. You had to know Greek in addition to your own language. And so you were getting to a point where Jews...the Jewish community in say Egypt and large cities like Alexandria didn't know Hebrew anymore they only knew Greek. And so you need a Greek version in the synagogue." -- Josheph Blankinsopp, Professor of Biblical Studies University of Notre Dame in A&E's Who Wrote the Bible
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome israel-hayom-hebrew-speakers
  13. Nachman Gur, Behadrey Haredim. "Kometz Aleph – Au• How many Hebrew speakers are there in the world?". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  14. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ucl.ac.uk
  15. "Table 53. Languages Spoken At Home by Language: 2009". The 2012 Statistical Abstract. U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search