Lingua letoa

Letón
latviešu valoda
Falado en: Letonia
Total de falantes: 1,7 millóns aprox.
Posición: non está entre as 100 máis faladas
Familia: Indoeuropea
 Báltica
  Báltica oriental
   Letón
Status oficial
Lingua oficial de: Letonia Letonia
Unión Europea
Regulado por: Centro Estatal da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: lv
ISO 639-2: lav
ISO 639-3: lav
Mapa
Status

O letón está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O letón[2] é a lingua falada en Letonia, formando parte do subgrupo do leste das linguas bálticas que á súa vez pertence á familia de linguas indoeuropeas. Non é polo tanto nin xermánica nin eslava. A única lingua viva coa que mantén unha relación achegada de parentesco é o lituano. Porén, aínda que estean emparentadas, o vocabulario de ambas as dúas varía considerabelmente, polo que non son mutuamente intelixíbeis.

Esta lingua conta cuns 1 500 000 de falantes en Letonia e uns 200.000 fóra do país.

O letón é unha lingua flexiva con varias formas analíticas, tres dialectos, e con influencia sintáctica xermana. Ademais, ten dous xéneros gramaticais. Cada nome declínase en sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, instrumental, locativo e vocativo.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para letón.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search