Lingua romanche

Romanche
Reto-romance
Falado en: Suíza, Austria, Italia
Rexións: Cantón de Grisóns
Total de falantes: 35.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Retorrománica
      Romanche
Status oficial
Lingua oficial de: Suíza
Códigos de lingua
ISO 639-1: rm
ISO 639-2: roh
ISO 639-3: roh
SIL: RHE
Mapa

Áreas de Suíza onde se fala a lingua romanche (verde escuro).
Status

O romanche está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua romanche[2] é unha lingua romance falada no cantón suízo de Grisóns. Está emparentada con outras linguas que se falan en Italia, Suíza e Francia. Os cinco dialectos retorrománicos máis falados son sursilvan, sutsilvan, surmiran, puter e vallader. Puter e vallader, en ocasións, considéranse un só subgrupo: romanche ladino.

É falada por arredor dunhas 35.000 persoas como lingua materna e por outras 40.000 como segunda lingua. A maioría dos falantes tamén utilizan o alemán. É unha lingua considerada en risco de extinción, falada por menos do 1% dos 7,4 millóns de habitantes da Suíza. É a lingua oficial menos falada do país e sofre as consecuencias da concorrencia co alemán, falado maioritariamente pola poboación en xeral.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romanche.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search