Linguas algonquinas

Linguas algonquinas
Outros nomes:Algonkian
Falado en: América do Norte
Total de falantes:
Familia: Linguas álxicas
 Linguas algonquinas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
Mapa
Status

As linguas algonquinas[1][2] son unha subfamilia das linguas indíxenas de América que inclúe moitas das linguas da familia álxica. É preciso distinguir o nome da familia da lingua algonquina próxima á lingua ojibwa (Chippewa), que forma parte da familia. O termo "algonquino" podería derivar da verba da tribo maliseet elakómkwik (pronunciada ɛlæˈɡomoɡwik), "son os nosos parentes/aliados".[3][4] Varias linguas algonquinas extinguíronse.

O territorio dos falantes algonquinos abranguía dende a costa leste de América do Norte até as Montañas Rochosas. A protolingua da cal descenden tódalas pólas da familia, o protoalgonquino, falouse hai 2.500 ou 3.000 anos.[5] Non existe consenso científico sobre o territorio no cal se falou esta protolingua.

  1. Definición de algonquino, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. 
  3. Campbell 1997, p. 401, notes 133, 136.
  4. Bright 2004, p. 32.
  5. Goddard 1978, p. 587.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search