A linguaxe (do provenzal lenguatge e do latín lingua) é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais. Utilízase tamén linguaxe na matemática e na informática para designar as linguaxes formais ou artificiais, incluíndo as linguaxes de programación).
Unha linguaxe é un sistema de comunicación estruturado para o que existe un contexto de uso e certos principios combinatorios formais. Existen contextos tanto naturais como artificiais.
Desde un punto de vista máis amplo, a comunicación indica unha característica común aos humanos e a outros animais (animais non simbólicos) para expresar experiencias mediante o uso de sinais e sons rexistrados polos órganos dos sentidos. Os seres humanos desenvolven unha linguaxe simbólica complexa que se expresa con secuencias sonoras e signos gráficos. Pola súa banda, os animais comunícanse a través de signos sonoros, olfativos e corporais que en moitos casos distan de ser sinxelos.
Aínda que case ata finais do século XX establecíase taxativamente unha diferenza absoluta entre a linguaxe humana e a comunicación animal, a acumulación de gran cantidade de estudos[Cómpre referencia] (especialmente etolóxicos) suxiren que moitos animais non humanos, especialmente con áreas cerebrais corticales desenvolvidas (bonobos, chimpancés e outros primates, así como cetáceos —especialmente delfínidos—, aves —especialmente papagaios, corvos, pombas—, elefantes, cans, gatos, equinos, etcétera) posúen formas de comunicación bastante máis complexas, e máis próximas á linguaxe humana que o suposto por Ivan Pavlov e os reflexos condicionados ou os condutistas anglosaxóns, que reducían as actividades psíquicas a un mero circuíto reflicto mecanicista de estímulo-resposta. En rigor, Pavlov non era tan mecanicista, pero supoñía á linguaxe dos animais non humanos como correspondente a un condicionamento clásico ou primeiro sistema de sinais (baseado principalmente no estímulo-resposta, tras a reiteración dun estímulo que se asocia unha «recompensa», que implica ao circuíto de premio-recompensa, ou á ausencia da mesma que xera un hábito ou habitus, condicionamento que é tamén común á inmensa maioría dos humanos), mentres que para o ser humano Pávlov supón un segundo sistema de sinais, que é un salto cualitativo respecto ao primeiro e que é a linguaxe humana, que é heurístico ao estar aberto respecto ao ciclo de estímulo-resposta.[2]
A facultade da linguaxe non é o resultado dun aprendizaxe, senón que é conxénita, é dicir, nace co ser humano.[3] Ademais, preséntase de igual maneira en todos os seres humanos, independentemente do momento histórico e do lugar xeográfico, é dicir, é universal.[3] As linguas poden aprenderse e esquecerse, pero a capacidade da linguaxe, non.[3]
A linguaxe é un conxunto de signos e símbolos. Un signo é un fenómeno relacionable con outro fenómeno. Por exemplo, a febre é un signo dunha enfermidade, a caída de neve é un signo da estación de inverno, un camión de bombeiros coa súa sirena é un signo de incendio.[4]
Un símbolo é un fenómeno, algo que ocorre que a mente relaciona con outro fenómeno. Por exemplo, un polgar abaixo simboliza algo negativo, a luz vermella dun semáforo cunha mensaxe de deterse. O elemento que distingue un símbolo dun signo é o carácter deliberativo da súa relación. Os signos que se establecen deliberadamente chámanse símbolos.[4]
Da linguaxe humana ocúpase a ciencia denominada lingüística. A linguaxe é tamén o obxecto de estudo de numerosas disciplinas, como a psicolingüística, a sociolingüística ou a filoloxía.
Erro na cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search