Liverpool

Modelo:Xeografía políticaLiverpool
Fotomontaxe
Imaxe

Símbolo oficialLiver bird (en) Traducir (paxaro nacional) Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°24′27″N 2°59′31″O / 53.4075, -2.9919Coordenadas: 53°24′27″N 2°59′31″O / 53.4075, -2.9919
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNoroeste de Inglaterra - North West England
Condado metropolitano (pt) TraducirMerseyside
Distrito metropolitano (pt) TraducirLiverpool (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación513.441 (2016) Editar o valor em Wikidata (4.590,85 hab./km²)
Xeografía
Superficie111,84 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Mersey Editar o valor em Wikidata
Altitude70 m Editar o valor em Wikidata
Creación1207 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoJoanne Anderson (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalL Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico151 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKD72 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webliverpool.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Liverpool é unha cidade inglesa de 439.476 habitantes, capital do distrito metropolitano homónimo e do condado metropolitano inglés do Merseyside. A cidade esténdese ao longo do esteiro do Mersey cara ao Mar de Irlanda non moi lonxe de Gales. Limita polo norte co concello metropolitano de Sefton, polo leste co de Knowsley, polo sur e oeste co devandito río. Foi fundada como vila en 1207 e tivo ese status até 1880, cando recibiu o título de cidade. Segundo o último censo oficial, que data de 2001, Liverpool tiña unha poboación de 439 473 habitantes;[1] esta cifra aumenta lixeiramente até os 454 654 habitantes segundo estimacións para o ano 2009. A cidade atópase no centro da Área Metropolitana de Liverpool, cuxa poboación ascende a 816 216 habitantes.

Historicamente pertencente ó condado de Lancashire, a urbanización e expansión de Liverpool debeuse en gran parte á súa condición de cidade portuaria importante. No século XVIII, o comercio coas Indias Occidentais, coa Europa continental e o tráfico de escravos no Atlántico promoveu a expansión económica da cidade. A comezos do século XIX, o 40% do comercio marítimo mundial pasaba polos peiraos de Liverpool. No presente, é o segundo porto do Reino Unido en volume de exportacións tralo de Londres.

A popularidade de The Beatles (tamén salientaron outros grupos como por exemplo The Scaffold) e do equipo de fútbol Liverpool Football Club contribúen a converter a Liverpool nun destino turístico; o turismo xoga un papel significante na economía da cidade. En 2007 celebrou o seu 800.º aniversario, e no ano seguinte foi Capital Europea da Cultura xunto á cidade norueguesa de Stavanger.[2]

En 2004 a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade a coñecida como «Cidade mercantil marítima de Liverpool», que abrangue seis localizacións separadas na cidade, incluíndo «Pier Head», «Albert Dock» e a «rúa William Brown»; e a maioría dos puntos de interese con máis sona da cidade.[3] Non obstante, en 2021 a UNESCO retiroulle o seu status.[4][5]

  1. The City of Liverpool. "Census 2001 - Key Statistics for Liverpool" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2006. Consultado o 1 de marzo de 2009. 
  2. "Report on the Nominations from the UK and Norway for the European Capital of Culture 2008" (PDF) (en inglés). 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2008. Consultado o 1 de marzo de 2009. 
  3. UK Local Authority World Heritage Forum. "Liverpool – Maritime Mercantile City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 1 de marzo de 2009. 
  4. "Liverpool stripped of Unesco World Heritage status". BBC News. 21 de xullo de 2021. 
  5. "World Heritage Committee deletes Liverpool – Maritime Mercantile City from UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 21 de xullo de 2021. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search