Locus

Exemplo de loci do cromosoma 22. Nótase a división en dúas partes, que constitúen o brazo curto e o brazo longo do cromosoma. O punto que divide os dous brazos constitúe o centrómero.

En bioloxía un locus (plural loci) é unha posición fixa nun cromosoma, como a posición dun xene. Unha variante da secuencia de ADN en determinado locus denomínase alelo. A lista ordenada de loci coñecidos para un xenoma en concreto é un mapa xenético. O mapeado xenético é o proceso de determinar o locus para un certo trazo biolóxico.

As células diploides e poliploides que teñen o mesmo alelo nun locus do cromosoma son homocigotos para ese xene, mentres que as que teñen diferentes alelos nese locus son heterocigotos.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search