Mar Caribe

Mar Caribe
Mar das Antillas
Localización administrativa
Estado Aruba
Antiga e Barbuda
Barbados
Belize
Colombia
Costa Rica
Cuba
 Curaçao
Dominica
Estados Unidos de América Estados Unidos
Francia
Granada
Guatemala
Haití
Honduras
Xamaica Xamaica
México
Nicaragua
Panamá
Países Baixos Países Baixos
Porto Rico
República Dominicana
Saint Kitts e Nevis
San Vicente e as Granadinas
Santa Lucía
Trinidad e Tobago
Venezuela
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteAmérica (Central e do Sur)
ArquipélagoIllas de Barlovento, Illas de Sotavento, San Andrés e Providencia, Illas do Millo, Illas da Baía, Os Canarreos, Xardíns da Raíña, Illas Caimán
Illa/sAntillas
Xeografía
Mares contiguosGolfo de México
Illas interioresAntillas Maiores e Antillas Menores
(véxase Illas do mar Caribe)
AfluentesMagdalena, Atrato, San Juan, Coco, Motagua
Accidentes
Golfos e baíasGolfos de Darién, Honduras, Morrosquillo, Urabá, Los Mosquitos e Venezuela
EstreitosCanle do Iucatán, paso dos Ventos e canal da Mona
Características
Superficie2 763 800 km²
Profundiade máxima7.686 m (fosa das illas Caimán)
Outros datos
Primeira exploraciónCristovo Colón (1492)
Mapa

Mapa mundial mostrando o Caribe:
Azul = Mar Caribe
Verde = Antillas

Mapa político dos límites marítimos no mar Caribe e o golfo de México

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.[1]

O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade.[1] O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.[1]

Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

  1. 1,0 1,1 1,2 "Mar Caribe". Geoenciclopedia (en castelán). Consultado o 20 de outubro de 2018. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search