Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Coordenadas: 39°N 25°L / 39, -25
Mar Exeo | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Grecia Turquía |
División | Periferias de Macedonia Oriental e Tracia, Macedonia Central, Tesalia, Grecia Central, Ática, Peloponeso, Creta, Exeo Meridional e Exeo Setentrional (GRE) Rexións do Mármara e do Exeo (TUR) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Mediterráneo |
Continente | Europa-Asia |
Illa/s | Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Mármara e mar Xónico |
Subdivisións | Mar de Tracia, mar de Creta e mar de Mirtos |
Illas interiores | Máis de 5000 illas, sendo as máis importantes as illas das Cícladas, as illas Espóradas e o arquipélago do Dodecaneso |
Accidentes | |
Estreitos | Dardanelos (mar de Mármara) e Canle de Corinto (mar Xónico) |
Características | |
Superficie | 180 000 km² |
Lonxitude máxima | 600 km |
Anchura máxima | 400 km |
Profundiade máxima | 3543 m |
Mapa | |
Localización do mar Exeo. | |
Mar Exeo, Grecia ao oeste e Turquía ao leste. | |
O mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.
O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search