McDonnell Douglas DC-10

McDonnell Douglas DC-10
DC-10 de Iberia
Tipopasaxeiros
FabricanteMcDonnell Douglas
Primeiro voo29 de agosto de 1970
Introducido5 de agosto de 1971
Produción1968 - 1988
Unidades construídasDC-10: 386
KC-10: 60

O McDonnell Douglas DC-10 é un trimotor de longa distancia fabricado por McDonnell Douglas. Dous dos seus motores sitúanse en góndolas baixo as ás, mentres que o terceiro atópase na parte traseira da fuselaxe, debaixo do estabilizador vertical. Foi concibido coma sucesor do McDonnell Douglas DC-8 en operacións de longo percorrido, e para competir co Airbus A300 en rutas de medio percorrido, así coma co Lockheed L-1011 Tristar.

Realizou o seu voo de estrea o día 29 de agosto de 1970 e entrou en servizo o 6 de agosto de 1971 coa aeroliña American Airlines. A configuración típica é de 270 asentos en dúas clases. O inicial DC-10-10 tiña un alcance de 6, 00 km para voos transcontinentais, e o -15 tiña motores máis potentes. Os modelos -30 e -40 eran máis pesados e incluían un treceiro pé na tren de aterraxe principal, tendo un alcance de ata 9 600 km.

Algúns modelos baseados no DC-10-30 foron construídos para a Forza Aérea dos Estados Unidos coma avións cisterna para reabastecemento en voo, versión coñecida coma KC-10 Extender.

Un fallo de deselo nas portas de carga causou un historial de seguridade deficiente nas súas primeiras operacións. Tras o accidente do voo 191 de American Airlines (o peor ocorrido nos Estados Unidos), a Administración Federal de Aviación (FAA) deixou en terra todos os DC-10 estadounidenses en xuño de 1979. En agosto de 1983 McDonnell Douglas anunciou que pararía a fabricación debido á falta de pedidos, xa que o modelo tivo unha aprehensión do público xeneralizada tras o accidente de 1979 e pola súa pobre reputación polo seu alto consumo de combustible.[1] Os fallos de deseño arranxáronse e a súa frota voou máis horas, acadando un récord de seguridade comparable ao de avións semellantes do seu tempo.

A súa fabricación rematou en 1989, con 386 entregas a aeroliñas xunto con 60 KC-10 de reabastecemento en voo. O DC-10 verdeu máis que o semellante Lockheed L-1011 TriStar. O máis longo e pesado McDonnell Douglas MD-11 foi o seu sucesor. Tras fusionarse con McDonnell Douglas en 1997, Boeing actualizou moitos DC-10 en servizo como o MD-10 cunha cabina de cristal para eliminar o posto do enxeñeiro de voo. En febreiro de 2014 o DC-10 fixo o seu derradeiro voo comercial de pasaxeiros. O modelo seguiu sendo operado como cargueiro, sendo o seu maior operador FedEx Express. O Orbis Flying Eye Hospital é un DC-10 adaptado como quirófano para ollos. Algúns exemplares están expostos, mentres que outros DC-10 están almacenados.

  1. Bradsher, Keith (1989-07-20). "Troubled History of the DC-10 Includes Four Major Crashes (Published 1989)". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-12-10. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search