Mesozoico

Eón Era M. anos
Fanerozoico Cenozoico 65,5 ±0,3
Mesozoico 251,0 ±0,4
Paleozoico 542,0 ±1,0
Proterozoico   2.500
Arcaico 3.800
Hadeico c. 4.570

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e finalizou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos,[1][2] pero só corresponde ao 3,9 % da historia total da Terra. Denomínase Mesozoico porque se encontra entre as outras dúas eras do Eón Fanerozoico, a Era Paleozoica e a Era Cenozoica. O nome procede do grego meso/μεσο que significa "entre" e zoon/ζωον que significa "animal".

Durante estes 160 millóns de anos non se produciron grandes movementos oroxénicos. Os continentes van adquirindo gradualmente a súa configuración actual. O clima foi excepcionalmente cálido durante todo o período, desempeñando un papel importante na evolución e na diversificación de novas especies animais.

Nesta era desapareceron grandes grupos de animais como os trilobites, graptólitos e peixes acoirazados. Os invertebrados característicos deste período foron as amonitas, de casca con forma de caracol, e as belemnitas, máis pequenas e coa casca alongada e puntiaguda, entre outros equinodermos, braquiópodos e cefalópodos. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles, polo que á Era Secundaria se lle chama tamén a Era dos réptiles ou Era dos dinosauros. Nesta era aparecen tamén os mamíferos, as aves, e as anxiospermas ou plantas con flores.

Escena do Xurásico.
  1. Overview of Global Boundary Stratotype Sections and Points (GSSP's), Status on 2007.
  2. International Stratigraphic Chart, 2008

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search