Noam Chomsky

Infotaula de personaNoam Chomsky

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Avram Noam Chomsky Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1928 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
East Oak Lane, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Catedrático
1955 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLexington (pt) Traducir (1965–)
Allston (en) Traducir (1951–1965)
East Oak Lane
Tucson Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarcosindicalismo, socialismo libertario e antimilitarismo Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - lingüística (1951–1955)
Universidade de Pensilvania - mestría en artes (1949–1951)
Universidade de Pensilvania - grao en Artes (1945–1949)
Central High School (en) Traducir (–1945)
Oak Lane Day School (en) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, filosofía da linguaxe, psicoloxía, gramática xenerativa, teoría da comunicación, ciência cognitiva (pt) Traducir, Filosofía da mente, Ética e política Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Pensilvania
Cambridge
Tucson Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , media critic (en) Traducir , educador , escritor , xornalista de opinión , informático teórico , Activista polos dereitos humanos , psicólogo , lingüista , antropólogo , escritor político , profesor universitario , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts, catedrático (1955–2002) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo, Nova Esquerda (pt) Traducir, movemento antibélico e Anarcosindicalismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresZellig Harris (pt) Traducir, Nelson Goodman (pt) Traducir e Roman Jakobson Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, inglés estadounidense e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de maio de 2023International endorsement letter. Barcelona leads the way (en) Traducir
18 de maio de 2019Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau (pt) Traducir
maio de 2015Manifesto de apoio a Barcelona en Comú Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoBarbara Partee (pt) Traducir, Tania Reinhart, John R. Ross (en) Traducir, Ray Jackendoff (pt) Traducir, Mark Baker (en) Traducir, Howard Lasnik (en) Traducir, Alec Marantz (pt) Traducir, David Pesetsky (en) Traducir, Janet Dean Fodor (pt) Traducir, Joan Bresnan (pt) Traducir, Robert C. Berwick, Charles Yang (en) Traducir, S.-Y. Kuroda (en) Traducir, Tom Wasow (pt) Traducir, Leonard Harold Haines (en) Traducir, Ivan Andrew Sag (en) Traducir, Amy Sara Weinberg (en) Traducir, Ken Hiraiwa (en) Traducir, Anoop K. Mahajan (en) Traducir e James D. McCawley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeValéria Wasserman Chomsky (2014–)
Carol Chomsky (1949–2008), morte do cónxuxe
FillosAviva Chomsky
 () Carol Chomsky Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Chomsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1975Debate Chomsky-Piaget (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webchomsky.info Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0159008 Allmovie: p284408
Facebook: 294468630182 BNE: XX849732 Bitraga: 274 Dialnet: 269259 Spotify: 5NEnjDZdPKESN9J7NoPmdz iTunes: 3813952 Last fm: Noam+Chomsky Musicbrainz: 7d83b9be-b7a4-40f3-b682-a83934a0e8ab Songkick: 319246 Discogs: 239968 Allmusic: mn0000409967 WikiTree: Chomsky-10 Deezer: 79748 Editar o valor em Wikidata

Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna".[1][2] Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica.[3] Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquista[4][5] ou socialista libertario.[6] Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".[7] A nova do seu posíbel pasamento o 18 de xuño de 2024 en São Paulo, Brasil foi tendencia na rede social Twitter e outros medios, e desmendida no mesmo día.[8][9]

Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados.[10]

Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do condutismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de grande importancia en teoría da computación.

É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior dos Estados Unidos e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW) habendo tamén quen o asocia ao anarco comunismo ou ao comunismo de consellos.[11][12][13] Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.

  1. Fox, Margalit (decembro 5, 1998). New York Times, ed. "A Changed Noam Chomsky Simplifies" (en inglés). Consultado o 27 de novembro do 2015. Mr. Chomsky...is the father of modern linguistics and remains the field's most influential practitioner. 
  2. Thomas Tymoczko, Jim Henle, James M. Henle, Sweet Reason: A Field Guide to Modern Logic, Birkhäuser, 2000, p. 101.
  3. "Noam Chomsky" Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., by Zoltán Gendler Szabó, in Dictionary of Modern American Philosophers, 1860–1960, ed. Ernest Lepore (2004). "Chomsky's intellectual life had been divided between his work in linguistics and his political activism, philosophy coming as a distant third. Nonetheless, his influence among analytic philosophers has been enormous because of three factors. First, Chomsky contributed substantially to a major methodological shift in the human sciences, turning away from the prevailing empiricism of the middle of the twentieth century: behaviorism in psychology, structuralism in linguistics and positivism in philosophy. Second, his groundbreaking books on syntax (Chomsky (1957, 1965)) laid a conceptual foundation for a new, cognitivist approach to linguistics and provided philosophers with a new framework for thinking about human language and the mind. And finally, he has persistently defended his views against all takers, engaging in important debates with many of the major figures in analytic philosophy..."
  4. Noam Chomsky, Chomsky on Anarchism (2005), AK Press, pg. 5
  5. Barsky, Robert F. (2005). "1: A "Literary Political Salon"". Noam Chomsky: A Life of Dissent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 28 de maio de 2020.  (en inglés)
  6. Edgley, Alison (1999). "Chomsky's Libertarian Socialism" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27/06/2009. Consultado o 31/10/2013. 
  7. The Chomsky Problem (en inglés). The New York Times (25-2-1979).
  8. "Fálase de Morre aos 95 ano...". Praza Pública. 2024-06-18. Consultado o 2024-06-18. 
  9. O seu pasamento foi sinalado por coautores de libros seus, como Ignacio Ramonet na rede social X.com, e desmentido por un verificador de ABC News, que afirmou ter falado coa súa dona Valéria, e outros medios [ https://www.tercerainformacion.es/articulo/internacional/18/06/2024/desmienten-la-muerte-del-filosofo-noam-chomsky/ ]
  10. Sáenz, Mauricio (decembro de 2006). "Noam Chomsky". Arcadia (en español) (15). Consultado o 13 de xuño de 2011. , citando a Barsky, Robert F (2005). Noam Chomsky, una vida de discrepancia (en castelán). Península. ISBN 9788483076767. 
  11. Chomsky on Anarchism by Noam Chomsky (resenha). Por Richard Alexander.
  12. Vídeo: On Anarchism. Conferência de Noam Chomsky no MIT.
  13. The relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter Jay libcom.org

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search