Norovirus

Norovirus é un xénero de virus de ARN monocatenario sen envoltura diversos xeneticamente da familia Caliciviridae.[1] Os virus coñecidos deste xénero considéranse todos cepas dunha soa especie chamada virus Norwalk. Estes virus transmítense pola ruta fecal-oral por medio de alimentos ou auga contaminados; polo contacto persoa a persoa;[2] e por medio da aerosolización do virus e a conseguinte contaminación das superficies.[3] Os Norovirus son a causa máis común de gastroenterite viral nos humanos, e afectan a persoas de todas as idades.[4]

A infección por Norovirus caracterízase por producir náuseas, vómitos, diarrea acuosa, e dor abdominal, e nalgúns casos, perda do gusto. Pode producir tamén fatiga xeral, debilidade, dor muscular, dor de cabeza, tose, e febre baixa. O virus tende a causar vómitos e a espallarse máis facilmente en época invernal.[5] A enfermidade é xeralmente autolimitada, e os casos de enfermidade grave son raros. O virus afecta arredor de 267 millóns de persoas e causa unhas 200.000 mortes ao ano no mundo; estas mortes prodúcense normalmente nos países subdesenvolvidos e entre os nenos pequenos, os vellos e os inmunosuprimidos.[6]

Despois da infección, a inmunidade que xera o norovirus é xeralmente incompleta e temporal[7] e algún estudo chega á conclusión de que a inmunidade protectora contra a mesma cepa de norovirus dura seis meses.[8] Os estalidos epidémicos de infeccións por norovirus adoitan ocorrer en comunidades pechadas ou semipechadas, como as de persoas que están en instalacións de coidados médicos a longo prazo, campamentos de verán, hospitais, prisións, dormitorios, e buques cruceiros, onde a infección se estende moi rapidamente de persoa a persoa ou por comida contaminada.[9] Comprobouse que moitos estalidos de infeccións por norovirus procedían de alimentos que foran manexados por persoas infectadas.[10]

Os norovirus son inactivados rapidamente ao aplicarlles unha calor suficiente ou por desinfectantes clorados, pero o virus é menos susceptible aos alcohois e deterxentes, xa que non ten unha envoltura lipídica.[11]

O nome do xénero Norovirus deriva do virus Norwalk, que é a única especie dese xénero. A especie causa aproximadamente o 90% dos estalidos epidémicos non bacterianos de gastroenterite en todo o mundo,[12][13][14]

  1. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome isbn0-12-384684-6
  2. Goodgame R (2006). "Norovirus gastroenteritis". Curr Gastroenterol Rep 8 (5): 401–08. PMID 16968608. doi:10.1007/s11894-006-0026-4. 
  3. Said, Maria A.; Perl, Trish M.; Sears, Cynthia L. (2008-11-01). "Healthcare epidemiology: gastrointestinal flu: norovirus in health care and long-term care facilities". Clinical Infectious Diseases: An Official Publication of the Infectious Diseases Society of America 47 (9): 1202–1208. ISSN 1537-6591. PMID 18808354. doi:10.1086/592299. 
  4. Morillo SG, Timenetsky Mdo C (2011). "Norovirus: an overview". Revista Da Associação Médica Brasileira (1992) 57 (4): 453–8. PMID 21876931. 
  5. ""NHS public information"". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  6. Debbink K, Lindesmith LC, Donaldson EF, Baric RS (2012) Norovirus Immunity and the Great Escape. PLoS Pathog 8(10): e1002921. doi:10.1371/journal.ppat.1002921
  7. Lindesmith L, Moe C, Lependu J, Frelinger JA, Treanor J, Baric RS (2005). "Cellular and Humoral Immunity following Snow Mountain Virus Challenge". J. Virol. 79 (5): 2900–9. PMC 548455. PMID 15709009. doi:10.1128/JVI.79.5.2900-2909.2005. 
  8. Leon, Juan (2008). "Chapter 9". En Vajdy, Michael. Immunity Against Mucosal Pathogens. Springer. p. 232. ISBN 9781402084126. 
  9. Noda M, Fukuda S, Nishio O (2007). "Statistical analysis of attack rate in norovirus foodborne outbreaks". Int J Food Microbiol 122 (1–2): 216–20. PMID 18177970. doi:10.1016/j.ijfoodmicro.2007.11.073. 
  10. Koopmans M, Duizer E (2004). "Foodborne viruses: an emerging problem". Int. J. Food Microbiol. 90 (1): 23–41. PMID 14672828. doi:10.1016/S0168-1605(03)00169-7. 
  11. Jimenez L, Chiang M (2006). "Virucidal activity of a quaternary ammonium compound disinfectant against feline calicivirus: a surrogate for norovirus". Am J Infect Control 34 (5): 269–73. PMID 16765204. doi:10.1016/j.ajic.2005.11.009. 
  12. Lindesmith L, Moe C, Marionneau S; et al. (2003). "Human susceptibility and resistance to Norwalk virus infection". Nat. Med. 9 (5): 548–53. PMID 12692541. doi:10.1038/nm860. 
  13. Widdowson MA, Sulka A, Bulens SN; et al. (2005). "Norovirus and foodborne disease, United States, 1991–2000". Emerging Infect. Dis. 11 (1): 95–102. PMC 3294339. PMID 15705329. doi:10.3201/eid1101.040426. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  14. "Norovirus: Technical Fact Sheet". National Center for Infectious Diseases, CDC. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search