O Salvador

Modelo:Xeografía políticaO Salvador
República de El Salvador (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional do Salvador Editar o valor em Wikidata

Lema«Dios, Unión, Libertad»
«God, Unity, Freedom»
«Бог, единство, свобода»
«Duw, Undod, Rhyddid» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRedentor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 13°40′08″N 88°51′58″O / 13.66889, -88.86611Coordenadas: 13°40′08″N 88°51′58″O / 13.66889, -88.86611
CapitalSan Salvador Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.744.113 (2007) Editar o valor em Wikidata (276,93 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie20.742 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCerro El Pital (pt) Traducir (2.730 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de febreiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of El Salvador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataNayib Bukele (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa da República de El Salvador (pt) Traducir , (Escano: 84) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal29.451.240.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sv Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+503 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e 913 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísSV Editar o valor em Wikidata

Páxina webelsalvador.travel… Editar o valor em Wikidata

O Salvador[1] (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numerosos pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía xeneral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.[2][3][4]

Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial,[5][6] seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país.[7][8] Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro.[9] O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización.[10] Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salvadoreño.
  2. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 2. ISBN 978-0-313-30620-4. 
  3. Maureen Ihrie; Salvador Oropesa (20 de outubro de 2011). World Literature in Spanish: An Encyclopedia [3 volumes]: An Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 332. ISBN 978-0-313-08083-8. 
  4. Jeanne M. Haskin (2012). From Conflict to Crisis: The Danger of U.S. Actions. Algora Publishing. p. 152. ISBN 978-0-87586-961-2. 
  5. Tommie Sue Montgomery (1995). Revolution in El Salvador: From Civil Strife to Civil Peace. Westview Press. p. 27. ISBN 978-0-8133-0071-9. 
  6. Kevin Murray (1 de xaneiro de 1997). El Salvador: Peace on Trial. Oxfam. pp. 8–. ISBN 978-0-85598-361-1. 
  7. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 8. ISBN 978-0-313-30620-4. 
  8. Thomas L. Pearcy (2006). The History of Central America. Greenwood Publishing Group. p. 43. ISBN 978-0-313-32293-8. 
  9. Erin Foley; Rafiz Hapipi (2005). El Salvador. Marshall Cavendish. p. 43. ISBN 978-0-7614-1967-9. 
  10. Jeni Klugman (2010). "Human Development Report 2010" (Report). Palgrave Macmillan. p. 152. Consultado o 18 de outubro de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search