Ohio

Modelo:Xeografía políticaOhio
State of Ohio (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoBeautiful Ohio (en) Traducir (1969) Editar o valor em Wikidata

Lema«With God, all things are possible (en) Traducir» (1959–) Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialCardinalis cardinalis (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Buckeye State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRío Ohio Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°30′N 82°30′O / 40.5, -82.5Coordenadas: 40°30′N 82°30′O / 40.5, -82.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalColumbus Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.799.448 (2020) Editar o valor em Wikidata (101,64 hab./km²)
Número de fogares4.717.226 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie116.096 km² Editar o valor em Wikidata
Auga8,85 % Editar o valor em Wikidata
Lonxitude da costasen valor Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ohio e Lago Erie Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCampbell Hill (en) Traducir (472,1 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Ohio Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de marzo de 1803 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoState of Ohio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataMike DeWine (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Ohio , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Ohio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-OH Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1085497 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webohio.gov Editar o valor em Wikidata
BNE: XX455335

Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais.[1] Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos[2] —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.

A palabra "Ohio" significa na lingua iroquesa "Gran Río", "Río Longo" ou "Río Belo",[3][4][5] utilizada por este grupo de nativos americanos para describir o río Ohio. O alcume de Ohio é Buckeye State (o Buckeye é un castiñeiro do xénero Aesculus). Os bosques compostos por árbores deste xénero cubrían anteriormente todo Ohio, aínda que moitos destes bosques foron tallados para proporcionar materias primas a diversas industrias, así como para dar espazo á agricultura.[1] Ohio tamén reivindica o alcume de Mother of Modern Presidents (Nai dos Presidentes Modernos)[5], polo feito de que sete dos Presidentes dos Estados Unidos naceron e creceron en Ohio, aínda que este título pertence, de feito, a Virxinia, cun total de oito presidentes. Os presidentes estadounidenses nacidos en Ohio son Ulysses S. Grant, Rutherford B. Hayes, James A. Garfield, Benjamin Harrison, William McKinley, William Howard Taft e Warren G. Harding.[4] Un oitavo Presidente, William Henry Harrison, vivía en Ohio cando foi nomeado Presidente.

Os primeiros exploradores europeos en explorar a rexión foron os franceses. Ata 1763, a rexión de Ohio formaba parte da colonia francesa de Nova Francia, pasando entón a control británico. Coa independencia dos Estados Unidos en 1783, estes pasaron a controlar a rexión. Ohio converteuse no primeiro territorio do Territorio do Noroeste en ser elevado á categoría de estado, e o 17º en entrar na Unión, o 1 de marzo de 1803.[6] A expansión en dirección ao oeste e a construción de numerosas vías férreas no estado, o descubrimento de numerosos xacementos de carbón e unha sólida industria agropecuaria fixeron que Ohio convertésese a mediados do século XIX nunha gran potencia industrial. Ulysses S. Grant, nativo de Ohio, foi un dos principais líderes da Unión durante a Guerra de Secesión.

A rápida industrialización do estado fixo que diversas persoas nativas do estado destacasen polas súas invencións e ideas pioneiras.[7] Thomas Edison naceu en Ohio, e os Irmáns Wright —coñecidos mundialmente por ser os primeiros en voar nun avión (non sen controversias)— tamén creceron aquí. Outro nativo de Ohio mundialmente famoso é Neil Armstrong, a primeira persoa en pisar a Lúa.

Segundo os datos do censo do 2000, residían en Ohio 11.353.140 habitantes, repartidos por unha área de 116.096 km².

  1. 1,0 1,1 Artigo "Ohio". Columbia Encyclopedia, Sexta Edición.
  2. "Geographic Definitions" Arquivado 14 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Census Region definition Attachment C, United States Census Bureau. Consultado o 5 de outubro de 2007.
  3. Iroquois Book of Rites: Appendix: Note B: Meaning of Ohio, Ontario and Onontio. The Internet Sacred Text Archive
  4. 4,0 4,1 Ohio: Facts, Map and State Symbols. Enchantedlearning.com
  5. 5,0 5,1 Introduction to Ohio - The United States of America. Netstate.com
  6. Ohio House History Arquivado 20 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. Ohio General Assembly 2005-2006
  7. Ohio's Inventors. Ohio Public Library Information Network (OPLIN)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search