Ordenador

Macintosh Classic (1990)
Un Apple IIc Pascal.
Réplica do Zuse Z3, o primeiro ordenador funcional (1941)

Un ordenador[1], tamén chamado computadora ou computador[2], é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. En resumo, o ordenador é unha dualidade entre hardware (parte física) tal como: o monitor, o teclado e o disco duro, e software (parte lóxica), que interactúan entre si para unha determinada función.

A característica principal que os distingue doutros dispositivos similares, coma unha calculadora non programable, é que pode realizar tarefas moi diversas cargando distintos programas na memoria para que o procesador os execute.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ordenador.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para computador.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search