Palaeognathae

Os Palaeognathae (paleognatos[2]) constitúen un dos dous clados viventes en que se dividen as aves (o outro é o dos Neognathae). Xuntos, estes dous clados forman o clado dos Neornithes. Os Palaeognathae conteñen cinco ramas de aves non voadoras hoxe existentes e outros dous clados extintos, denominados ratites, e unha liñaxe voadora neotropical, os tinamús.[3][4] Existen 47 especies de tinamús, cinco de kiwis (Apteryx), tres de casuarios (Casuarius), unha de emús (Dromaius) (outra extinguiuse en tempos históricos), dúas de ñandús (Rhea) e dúas de avestruces (Struthio).[5] Investigacións recentes indican que os paleognatos son monofiléticos, pero a división taxonómica tracicional entre formas voadoras e non voadoras é incorrecta; os tinamús están dentro da radiación dos ratites, o que significa que a perda da capacidade de voar orixinouse independentemente múltiples veces por evolución paralela.[6]

Hai tres grupos máis de aves extintas que son indiscutiblemente paleógnatas: os Lithornithiformes, os Dinornithiformes (moas) e os Aepyornithiformes (aves elefante). Outras aves extintas foron tamén aliadas coas Palaeognathae por polo menos un autor, mais as súas afinidades son discutidas.

A palabra Palaeognathae deriva do grego e significa 'mandúbula antiga', facendo referencia á anatomía esquelética do padal, que se describe como máis primitivo e máis reptiliano que o doutras aves.[7] As aves paleognatas manteñen algunhas características morfolóxicas basais, pero non son verdadeiros fósiles viventes, porque os seus xenomas continúan evolucionando a nivel de ADN baixo preisóns selectivas a taxas comparables á da rama Neognathae de aves viventes, aínda que hai certa disputa sobre as relacións precisas entre elas e as outras aves. Hai tamén outras polémicas científicas sobre a súa evolución (véxase máis abaixo).[8]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Benton2005
  2. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Tomo 13. Páxina 182. ISBN 84-7680-301-X (do tomo)
  3. *Wetmore, A. (1960)
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Baker2014
  5. Clements, J. C. et al. (2010)
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Mitchell2014
  7. Houde, P. T. (1988)
  8. Leonard, L. et al. (2005)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search