Peso (moeda)

Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Peso e Peso monetario.
Peso columnario español de 8 reais de 1759 da casa de moeda de México

Peso é, inicialmente, a denominación da moeda española de 8 reais de prata, cun peso de entre 27 e 27,5 gramos e 40 milímetros de diámetro, cuñada desde pouco despois da Descuberta de América ata ben entrado o século XIX, así como doutras moedas de valores e métrica semellantes, emitidas tanto en España como nas súas colonias e noutros estados, moi especialmente as equivalentes españolas de 20 reais de billón, 2 escudos e de 5 pesetas, esta última en circulación ata a entrada do euro.[1][2][3][4]

Peso español de 20 reais de 1854 a nome de Isabel II

Noutras tradicións culturais, estas moedas denomínanse spanish dollar (no mundo anglosaxón), piastre espagnole (no mundo francófono), dollaro spagnolo (no ámbito italiano), spaanse mat (nos Países Baixos) etc.

  1. Definición de “peso” no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. “Peso”. En Frey, Albert. A dictionary of numismatic names. their official and popular designations. The American Numismatic Society. Nova York, 1917. Páxina 176 (en inglés)
  3. Moedas para non saír de pobres. 1: peso”. En Portaldaspalabras.gal. 30 de xullo de 2014
  4. "The Spanish Peso". En Kampmann, U. (2010). Páxinas 42-46.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search