Pobo algonquino

Pobo algonquino
Parella algonquina, nunha acuarela do século XVIII.
Poboación
Poboación total:
16 901
Rexións principais:
CanadáQuebec e Ontario
Aspectos culturais
LinguaLingua algonquina, inglés e francés
RelixiónMidewiwin e cristianismo
Grupos
relacionados
Abnaki, innu, anicinàpek (nipissing, ojibwa, mississaugas, saulteaux, ottawa e potawatomi)

Os algonquinos[1] son un pobo indíxena de América do Norte que fala a lingua algonquina, unha variedade diverxente da lingua ojibwa, formando parte ámbalas dúas da familia de linguas algonquinas.[2] Cultural e lingüisticamente, están estreitamente relacionados cos ottawa e cos ojibwa, cos cales forman o grupo Anicinàpe (Anishinaabe). O pobo algonquino chámase a si mesmo omàmiwinini (en plural: omàmiwininiwak) ou de forma máis xeneralizada anicinàpe.

  1. Definición de algonquino, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. The Assembly of First Nations (ed.). "Assembly of First Nations - The Story". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search