Pobo mapuche

Pobo mapuche
Muller mapuche de Chile.
Poboación
Poboación total:
c  1 900 000
Rexións principais:
Chile1 745 147 (2017)[1]
Arxentina205 009 (2010)[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua mapuche e castelán
RelixiónCristianismo (Católico e Evanxélico)
adaptado ás crenzas tradicionais da relixión mapuche
Grupos
relacionados
Picunches e huilliches

Os mapuches[3] son un grupo indíxena americano que habitan no sur-centro de Chile e no suroeste da Arxentina. Constitúen un grupo étnico composto por varios grupos que comparten unha estrutura social, relixiosa e económica comúns, así como un patrimonio lingüístico común. A súa influencia estendíase entre o río Aconcagua e o arquipélago de Chiloé, e máis tarde cara ao leste da Pampa arxentina. Os mapuches representan aproximadamente o 4% da poboación chilena,[4] e están particularmente concentrados na rexión de Araucanía e en Santiago de Chile.

O termo mapuche pode referirse a todo o grupo de picunches (xente do norte), huilliches (xente do sur) e moluches ou nguluches da Araucania, ou exclusivamente ós moluches ou nguluches da Araucania. A economía tradicional mapuche baséase na agricultura, a súa organización social tradicional componse de grandes familias, baixo a dirección dun "lonko" ou xefe, aínda que en tempos de guerra, uníanse en grandes grupos e elixían un toqui (do mapudungun toki, que significa machado, ou portador do machado) para lideralos.

A pesar de que os mapuches se mesturaron cos españois durante a época colonial dando orixe a un gran grupo de mestizos na sociedade mapuche de Chile en Araucania e Patagonia, este pobo mantívose independente ata a Ocupación chilena de Araucania e a Conquista do Deserto da Arxentina no século XIX. Hoxe en día, moitas comunidades mapuches están involucradas no chamado conflito mapuche, que reivindica a defensa dos seus dereitos e a devolución das súas terras tanto na Arxentina como en Chile.

  1. "20127census". Censo2017.cl. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  2. "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010: Resultados definitivos: Serie B No 2: Tomo 1" (PDF) (en castelçán). INDEC. p. 281. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mapuche.
  4. http://www.ine.cl/cd2002/sintesiscensal.pdf

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search