Polonia

Modelo:Xeografía políticaPolonia
Rzeczpospolita Polska (pl)
Polska (pl) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMazurek Dąbrowskiego (26 de febreiro de 1927) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aPolanos occidentais Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°N 19°L / 52, 19Coordenadas: 52°N 19°L / 52, 19
CapitalVarsovia (1795–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación38.382.576 (2019) Editar o valor em Wikidata (122,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua polaca (lingua oficial) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie312.683 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,6 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Báltico, Río Oder, Rio Neisse (pt) Traducir, Jizera (en) Traducir, Divoká Orlice (en) Traducir, Rio Opava (pt) Traducir, Olza (en) Traducir, Orava (en) Traducir, Białka (en) Traducir, Dunajec (en) Traducir, Poprad (en) Traducir, Rio Bug Ocidental (pt) Traducir, Río Vístula e Río Noteć Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoRysy (2.499 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoŻuławy Wiślane (en) Traducir (−1,8 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Alemaña
Rusia (1991–)
Lituania (1991, 1918–1939)
Ucraína (1991–)
Belarús (1991–)
Eslovaquia (1993–)
República Checa (1993–) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 11 de novembro de 1918Estado soberano Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Santo padrónAdalberto de Praga e Estanislau de Cracovia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo
Estado unitario
República semipresidencialista Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Polónia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataAndrzej Duda (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCouncil of Ministers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Polónia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataDonald Tusk (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Polónia (pt) Traducir , (Escano: 560) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Poland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal679.441.900.611 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaZłoty Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pl Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+48 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 986 (en) Traducir, 998 (en) Traducir, 999 e 997 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísPL Editar o valor em Wikidata
Código NUTSPL Editar o valor em Wikidata

Facebook: polska Twitter: poland Editar o valor em Wikidata

Polonia[1] (en polacoPolska[ˈpɔlska] (AFI)Pl-Polska.ogg escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696[2][3] km² [4], facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar]. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes[4], o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa[4]. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznan, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran Ducado de Lituania‎, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da primeira guerra mundial, mais volveuna perder trala segunda guerra mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a segunda guerra mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, da OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polaco.
  2. Główny Urząd Statystyczny, dane za rok 2018, stan na 01.01.2018
  3. Bankier.pl, Powierzchnia Polski wzrosła o 1643 ha
  4. 4,0 4,1 4,2 NationMaster.com 2003-2007, Poland, Facts and figures

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search