Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).
Ponte romana de Lugo
Ponte de Rande
Ponte de madeira en Noia
Ponte en arco moderno con taboleiro superior
Ponte Octávio Frias de Oliveira, en São Paulo, a única ponte tirante no mundo con dúas pistas curvas sostidas por unha única estrutura

Unha ponte (Gl-ponte.ogg pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search