Positivismo

Augusto Comte.

O positivismo (a partir de positivo, do latín positivus –a –um ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou dende o francés)[1] é unha corrente filosófica caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude cientificista e antimetafísica, confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha ontoloxía materialista.

  1. "Positivismo". Portal das Palabras. Consultado o 19 de novembro de 2016. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search