Praga

Modelo:Xeografía políticaPraga
Praha (cs) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

AlcumeMater urbium, Stověžatá Praha, Praga Caput Regni e Praga Caput Rei publicae Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°05′15″N 14°25′17″L / 50.0875, 14.4214Coordenadas: 50°05′15″N 14°25′17″L / 50.0875, 14.4214
PaísRepública Checa Editar o valor em Wikidata
Enclave enBohemia Central Editar o valor em Wikidata
Capital de
República Checa (1993–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.384.732 (2024) Editar o valor em Wikidata (2.790,62 hab./km²)
Número de fogares579.509 (2011) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadalingua checa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie496,21 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,2 Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Moldava, Čertovka (en) Traducir, Botič (en) Traducir, Dalejský potok (en) Traducir, Prokopský potok (en) Traducir, Říčanský potok (en) Traducir, Lochkovský potok (en) Traducir e Rokytka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude235 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTeleček (en) Traducir (399 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Moldava Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creaciónséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1742Siege of Prague (en) Traducir
xuño de 1757Siege of Prague (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataBohuslav Svoboda (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoPrague City Assembly (en) Traducir , (Escano: 65) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal1.193.200.000.000 Kč (2016) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal100 00–199 00, 252 26 e 252 28 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2CZ-10 e CZ-PR Editar o valor em Wikidata
Código NUTSCZ010 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei (2020–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webpraha.eu Editar o valor em Wikidata
Facebook: Prahaeu Twitter: PrahaEU Instagram: cityofprague LinkedIn: magistrát-hl-m-praha Youtube: UC2PrAs3ThtZ1Qi1lYxlC0Zw BNE: XX451702 Editar o valor em Wikidata

Praga (en checoPraha[ˈpraɦa] (AFI)Cs-Praha.ogg escoitar) é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,7 millóns de habitantes.[1] A cidade ten un clima oceánico temperado, con veráns relativamente quentes e invernos fríos.

Situada á beira do río Moldava, é un centro económico, político e cultural de Europa central que conta cunha rica historia. Praga desenvolveuse a partir do século IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximes nazi e soviético.[2] Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado.

Praga é o fogar de numerosas atraccións culturais, moitas das cales sobreviviron a violencia e a destrución que padeceu Europano século XX. Entre elas salientan o castelo de Praga, a ponte de Carlos, a praza da cidade vella co Reloxo Astronómico, o barrio xudeu, o outeiro de Petřín e Vyšehrad. Dende 1992, o centro histórico da cidade foi incluído na lista da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade conta con dez grandes museos, xunto con numerosos teatros, galerías, cinemas e outros lugares históricos. Un sistema público e moderno conecta toda a cidade e conta cunha gran variedade de institucións educativas públicas e privadas, incluíndo a Universidade Carolina de Praga, a máis antiga universidade de Europa central.

Praga está clasificada como unha cidade global "alpha" segundo estudos de GaWC[3] e foi clasificada no sexto posto na lista mundial de Tripadvisor como mellores destinos de 2016.[4] En 2019, a cidade clasificouse no posto 69 das cidades máis habitables do mundo de acordo con Mercer.[5] No mesmo, o indicador PISCA clasficou a Praga como a décimo terceira cidade máis habitable do mundo.[6] A súa rica historia convértena nun destino turístico popular, e no ano 2017 recibiu máis de 8,5 millóns de visitantes. En 2017, Praga clasificouse como a quinta cidade máis visitada de Europa, despois de Londres, París, Roma e Istambul.[7]

  1. Eurostat (ed.). "Population on 1 January by five-year age group, sex and metropolitan regions". Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  2. "Short History of Bohemia, Moravia and then Czechoslovakia and Czech Republic". hedgie.eu. 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  3. GaWC (ed.). "The World According to GaWC 2016". Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  4. "Best Destinations in the World – Travelers' Choice Awards – TripAdvisor". tripadvisor.com. 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  5. "Quality of Living City Ranking | Mercer". mobilityexchange.mercer.com. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  6. "The PICSA Index". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  7. Expats.cz, ed. (8 de novembro de 2017). "Top 100 City Destinations Revealed: Prague among Most Visited in the World". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search