Premio Bill Russell ao MVP das Finais da NBA

O Premio Bill Russell ao mellor xogador das Finais da NBA (en inglés: Bill Russell NBA Finals Most Valuable Player Award) concédese ao mellor xogador da serie de partidos das Finais da NBA. Habitualmente concédese o premio a un xogador do equipo vencedor, habendo unicamente unha excepción, cando en 1969 foille outorgado a Jerry West, de Los Angeles Lakers, que ese ano perdeu a final contra Boston Celtics. Coñecido anteriormente como Premio ao mellor xogador das Finais da NBA, dende o 14 de febreiro de 2009 cambiou de denominación como homenaxe a Bill Russell, 11 veces campión da NBA.[1]

  1. "The Finals MVP to Receive Bill Russell MVP Award". NBA.com (en inglés). 14 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de outubro de 2015. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search