Primeira guerra mundial

Primeira guerra mundial

Gavrilo Princip detido en Saraxevo tras o asasinato de Francisco Fernando de Austria
Data 28 de xullo de 1914 - 11 de novembro de 1918
Lugar Europa, África e Oriente Medio (brevemente na China e as illas do océano Pacífico)
Resultado Vitoria aliada
Casus belli Asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria (28 de xuño), declaración de guerra austríaca a Serbia (28 de xullo) e mobilización rusa contra Austria-Hungría (29 de xullo).
Cambios territoriais Disolución dos Imperios Alemán, Austrohúngaro, Otomán e Ruso.
Belixerantes
Potencias Centrais:
Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro,
Bulgaria Bulgaria,
Imperio Alemán Imperio Alemán,
Imperio Otomán Imperio Otomán
Aliados:
Bandeira de Francia Francia,
Bandeira de Bélxica Bélxica,
Gran Bretaña,
Canadá Canadá,
India británica,
Bandeira de Nova Zelandia Nova Zelandia,
Suráfrica,
Australia Australia,
Terranova,
Serbia,
Imperio ruso,
Reino de Italia Italia,
Estados Unidos,
Montenegro
Imperio do Xapón Xapón,
Bandeira de Romanía Romanía,
Grecia,
Bandeira de Portugal Portugal
Líderes
Imperio Austrohúngaro Francisco Xosé I,
Imperio Austrohúngaro Carlos I,
Imperio Austrohúngaro Franz Conrad von Hötzendorf,
Imperio Alemán Guillerme II de Alemaña,
Imperio Alemán Erich von Falkenhayn,
Imperio Alemán Paul von Hindenburg,
Imperio Alemán Reinhard Scheer,
Imperio Alemán Erich Ludendorff,
Mehmed V,
İsmail Enver,
Mustafa Kemal Atatürk,
Reino de Bulgaria Fernando I de Bulgaria
Nicolao II de Rusia,
Alexéi Alexéievich Brusílov,
Bandeira de Francia Philippe Pétain,
Bandeira de Francia Georges Clemenceau,
Bandeira de Francia Joseph Joffre,
Bandeira de Francia Ferdinand Foch,
Bandeira de Francia Robert Nivelle,
Bandeira de Polonia Józef Piłsudski
Herbert Henry Asquith,
Douglas Haig,
John Jellicoe,
Reino de Italia Víctor Manuel III,
Reino de Italia Luigi Cadorna,
Reino de Italia Armando Diaz,
Woodrow Wilson,
John J. Pershing
Baixas
Soldados
Mortos: 4.386.000
Feridos: 8.388.000
Desaparecidos: 3.629.000[1]
Soldados
Mortos: 5.520.000
Feridos: 12.831.000
Desaparecidos: 4.121.000[1]

A primeira guerra mundial[2] (en adiante IGM), tamén coñecida como a "gran guerra", foi un conflito bélico do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou uns trinta países, polo que se considera o primeiro conflito global da historia. A teor do número de falecidos, calculado en vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado da historia, só por detrás da segunda guerra mundial.

A guerra enfrontou ao bando aliado contra as potencias centrais. Os aliados estiveron liderados por Francia, Reino Unido, Rusia ou o Xapón. Este bando recibiu múltiples adhesións a medida que avanzaba a guerra, a destacar a de Italia na primavera de 1915 e a de Estados Unidos dous anos despois. Do lado das potencias centrais salientaron Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e mais o imperio otomán.

A guerra tivo como escenario principal a Europa central e oriental. Tamén houbo combates terrestres de relevancia nas colonias africanas e asiáticas dos países participantes e batallas navais nos principais mares de Europa e no océano Atlántico.

Os combates destacaron pola capacidade de mobilización dos exércitos participantes, que superou os cincuenta millóns de soldados. O control das estradas e, sobre todo, das vías férreas, garantiu unha moblización masiva e veloz. O uso de armamento de alta tecnoloxía, como metralladoras, artillaría de precisión, armas químicas, tanques, acoirazados ou submarinos, supuxo unha enorme mortalidade. A guerra puxo a proba non só a capacidade militar dos belixerantes, senón a súa fortaleza industrial, económica e organizativa. Por todas estas cuestións, a IGM é considerada a primeira guerra moderna.

A causa inmediata da guerra foi o asasinato de Francisco Fernando, arquiduque de Austria-Hungría, en Saraxevo, por un comando de nacionalistas serbios. Con todo, as causas reais hainas que buscar nas rivalidades coloniais, económicas e xeopolíticas entre os países europeos, no ambiente ultranacionalista da preguerra e nunha diplomacia que recorreu de maneira sistemática a alianzas militares de carácter secreto.

Os vencedores foron os aliados, en boa medida grazas á entrada en guerra dos Estados Unidos. Os derrotados foron obrigados a asinar tratados de paz separados. O Tratado de Versalles, declaraba a Alemaña culpábel de ter provocado a guerra, forzándoa ao pago de cuantiosas indemnizacións. O imperio austrohúngaro e o otomán foron desmembrados, de modo que apareceron moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

A marcha dos homes para a fronte obrigou a que os países belixerantes recorresen ao emprego masivo de man de obra feminina. Para financiar a guerra recorreuse a tributacións extraordinarias e á subcrición de enormes empréstitos, que foron a causa de enormes tribulacións económicas nos primeiros anos de posguerra. O Reino Unido, que fora o país hexemónico no mundo desde o final das guerras napoleónicas, viuse relevado polos Estados Unidos.

A guerra provocou o descrédito das democracias liberais. En Rusia triunfou a Revolución Rusa, que instaurou un sistema comunista. As convulsións de posguerra tiveron moito que ver no ascenso do fascismo e do nazismo, así como na instauración de réximes de dereita autoritaria na Europa mediterránea e oriental.

A comunidade historiográfica está de acordo en que o resultado da IGM, moi en especial a humillación sufrida por Alemaña, é fundamental para entender o camiño que levou á segunda guerra mundial e o mundo de bloques.

Segundo a proposta do historiador británico Eric Hobsbawm habería que falar dun século XX curto, de 1914 a 1991, interpretando en conxunto a IGM, o período de entreguerras, a II GM e o mundo bipolar, até a caída da URSS. Este complementaríase coa teoría do século XIX longo, que de 1789 a 1914 agruparía a Revolución Francesa e o imperio napoleónico, a Europa da Restauración e das revolucións liberais, a industrialización e o imperialismo.[3]

  1. 1,0 1,1 Evans, David. Teach yourself, the First World War, Hodder Arnold, 2004, p. 188.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triplano. Vexa a frase de exemplo.
  3. Hobsbawm (1995). The Age of Extremes: the Short Twentieth Century, 1914-1991. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search