Proxecto Mercury

Logo do proxecto Mercury.

O proxecto Mercury foi o primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo. Foi seguido polo programa Gemini e o proxecto Apollo e xa máis tarde polo programa do transbordador espacial.[1][2]

O contratista elixido para construír a cápsula Mercury, deseñada por Max Faget, foi a McDonnell Aircraft. O tamaño e masa da cápsula eran o mínimo imprescindible para levar a un home a órbita dadas as limitacións do foguete elixido para lanzala tripulada, o Atlas LV-3B, e de feito as cápsulas tiñan un peso dun terzo das cápsulas Vostok soviéticas, e mentres as Vostok eran capaces de misións de ata unha semana, as Mercury tiñan unha capacidade de ata 24 horas.[1]

Incluíndo voos de proba e voos orbitais, lanzáronse ou intentáronse lanzar 25 cápsulas Mercury. Tódolos lanzamentos tripulados tiveron éxito, aínda que nalgúns momentos con perigo para o astronauta.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Mercury" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2013. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mercury Flight History" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search