Referendo

Cabeceira de La Voz de Galicia o día do Referendo de autonomía de Galicia de 1936.

Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non. É o mecanismo de democracia directa por antonomasia.

Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía. Algunhas definicións de "plebiscito" suxiren que é un tipo de voto para cambiar a constitución ou o goberno dun país.[1]

  1. "Definition of Plebiscite". Oxforddictionaries.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 2016-08-23.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search