Reino de Strathclyde

Modelo:Xeografía políticaReino de Strathclyde

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°44′00″N 5°02′00″O / 55.7333304, -5.0333332Coordenadas: 55°44′00″N 5°02′00″O / 55.7333304, -5.0333332
CapitalDumbarton Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación410 Editar o valor em Wikidata
Disolución1058 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

O corazón de Strathclyde é o val do Río Clyde. Aquí aparecen os sitios máis importantes relacionados co reino, como Clach nam Breatann (Rocha dos britóns), a probábel fronteira norte do reino nun principio. Outras zonas engadíronse ou separáronse do reino segundo as épocas. Algunhas zonas, como Cumberland en Inglaterra, se cadra foron aliados máis que zonas dominadas.

Strathclyde (gaélico escocés: Srath Chluaidh, lit. "Val do Clyde", orixinalmente en britónico Ystrad Clud) foi un dos reinos dos britanos no Hen Ogledd, as partes de fala britana do que hoxe é a Inglaterra setentrional e a Escocia meridional, durante o período posromano e a Idade Media. Tamén é coñecido como Alt Clut, o nome britónico de Dumbarton Rock, a capital medieval da rexión. Pode ser que as súas orixes se remonten aos Damnonii, pobo que aparece na obra de Tolomeo.

A lingua de Strathclyde e a dos britanos das zonas adxacentes so un goberno non nativo é coñecida como cúmbrico, un dialecto ou lingua moi relacionada co galés antigo. A evidencia toponímica e arqueolóxica leva a algún tipo de asentamento viquingo na época viquinga, aínda que en menor medida que na veciña Galloway. Un pequeno número de topónimos anglos amosan certo grao de asentamento limitado de xentes de Northumbria previos ao asentamento noruegués. Debido á serie de cambios de lingua na zona non é posíbel dicir se houbo algún asentamento goidélico na zona antes de que o gaélico fose introducido na alta Idade Media.

Despois do saqueo de Dumbarton Rock por un exército viquingo de Dublín en 870, empeza a empregarse o nome de Strathclyde, se cadra reflectindo un movemento do centro do reino cara a Govan. No mesmo período, tamén é denominado Cumbria, e os seus habitantes cumbrios. Durante a alta Idade Media, a zona foi conquistada polo reino de Alba, pasando a formar parte do novo reino de Escocia. Ficou como área distinta ata o século XII.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search