Relixiosidade popular

Romaría no Corpiño

A relixiosidade popular é un concepto das ciencias sociais no ámbito relixioso, especialmente da antropoloxía da relixión, da socioloxía, a historia e outras ciencias da relixión. Ás veces empréganse de xeito intercambiábel outras expresións, como piedade popular, que de forma estrita non son totalmente equivalentes.

Identifícase coa forma en que vive a relixión o pobo en oposición terminolóxica coa "relixiosidade oficial", que é a das elites, os intelectuais e a xerarquía eclesiástica. Algunhas das manifestacións da relixiosidade popular poden ser consideradas supersticións pola relixiosidade oficial.

As diferenzas entre ambas as relixiosidades son esencialmente dúas:[1]

  1. Dupront 1987, citado en Manuel Marzal, Popular religiosity Arquivado 20 de agosto de 2014 en Wayback Machine., Blackwell Encyclopedia of Sociology, George Ritzer, 2007, ISBN 9781405124331
  2. Bribiesca Sumano, María Elena (2016). La religiosidad popular en el valle de Toluca a través de los testamentos 1565-1623 (en castelán). Adabi de México / Fundación Alfredo Harp Helú. ISBN 978-607-416-318-6. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 03 de abril de 2021. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search