Riigikogu

Interior do Riigikogu

O Riigikogu é a asemblea lexislativa da República de Estonia. Todos os feitos relevantes do Estado deben ser resoltos por este congreso unicameral, fóra da lexislación que redacta. Tamén ten como función designar aos máis altos cargos do Estado, como o Presidente do Riigikohus (Corte Suprema), ao Primeiro Ministro, e ao Presidente da República. O seu labor esténdese a ratificar os tratados internacionais que impón modificacións ao sistema militar ou de propiedade, ao mesmo tempo que debe aprobar o orzamento anual.

As primeiras eleccións tiveron lugar en 1920, seguidas ata a ocupación dos países bálticos polas tropas nazis e soviéticas. O Parlamento reabriu co regreso da democracia en 1992. O sistema utilizado para a elección dos seus membros é o método d'Hondt corrixido.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search