Ruta da seda

Ruta da seda: rede viaria das rutas do corredor de Chang'an-Tianshan
A Ruta da Seda estendíase de Europa a Asia. As rutas terrestres son vermellas e as rutas marítimas son de cor azul.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País China
Casaquistán
Kirguizistán
TipoCultural
CriteriosII, III, IV, VI
Inscrición2014 (38ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1442
A ruta da seda

A Ruta da seda era unha rede de rutas comerciais entre Asia e Europa que se estendía dende Chang'an (actualmente Xi'an) na China, até Antioquia en Siria medieval e Constantinopla (actualmente Istambul, Turquía) ás portas de Europa. O seu nome ven da mercancía máis prestixiosa que circulaba nela, a seda, cuxa fabricación era un segredo que só os chineses coñecían. Utilízase esta denominación dende o século XIX e débese ao xeógrafo alemán Ferdinand Freiherr von Richthofen. O tránsito por lugares desérticos daba lugar aos típicos camiños para caravanas de camelos e cabalos. Os romanos xa eran grandes afeccionados tras coñecer o segredo antes do comezo da nosa era, a través dos partos, e foron estes que organizaron entón o comercio da seda. Moitos outros produtos transitaban por estas rutas : pedras e metais preciosos, teas de la ou de liño, ámbar, marfil, laca, especias, vidro, coral etc.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search