SARS-CoV-2

SARS-CoV-2

Micrografía electrónica de virións de SARS-CoV-2 coas súas coroas ben visibles

Ilustración dun virión de SARS-CoV-2
Ilustración dun virión de SARS-CoV-2

Clasificación científica
Grupo: Riboviria
Filo: incertae sedis
Orde: Nidovirales
Familia: Coronaviridae
Xénero: Betacoronavirus
Subxénero: Sarbecovirus
Especie: Coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave
cepa

Coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda grave

Sinonimia
  • 2019-nCoV

O SARS-CoV-2 (do inglés severe acute respiratory syndrome coronavirus 2 ou coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave 2),[1][2] previamente denominado co nome provisional de 2019-nCoV (2019 novel coronavirus ou novo coronavirus 2019),[3][4][5] é un virus de ARN monocatenario de sentido positivo.[6][7] É contaxioso para os humanos e foi o causante da pandemia por coronavirus de 2019-2020 que estendeu por todo o mundo a enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), que foi designada emerxencia sanitaria pública de preocupación internacional pola Organización Mundial da Saúde (OMS).[8][9]

O SARS-CoV-2 ten unha estreita similitude xenética cos coronavirus do morcego, o que suxire que se orixinou a partir dun virus transportado polos morcegos.[10][11][12] Tamén se pensa que un reservorio animal intermediario, seguramente un pangolín, está implicado na súa introdución nos humanos.[13][14] Desde unha perspectiva taxonómica, o SARS-CoV-2 é clasificado como unha cepa da especie coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave (SARSr-CoV).[1]

Fóra do corpo humano, o virión (forma libre do virus) é destruído polo xabón.[15]

A cepa foi descuberta en Wuhan, China, polo que inicialmente se coñeceu como "virus de Wuhan" ou "coronavirus de Wuhan".[16][17][18][19] Como a Organización Mundial da Saúde desaconsella o uso de nomes baseados en localidades[13][20][21] e para evitar a confusión coa enfermidade SARS,[22] ás veces faise referencia ao virus denominándoo "o virus responsable da COVID-19" ou "o virus da COVID-19" en comunicacións de saúde pública.[23] O público xeral a miúdo chama tanto a enfermidade coma o virus "coronavirus", pero os científicos e a maioría dos xornalistas usan normalmente termos máis precisos.[24]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome CoronavirusStudyGroup
  2. "Coronavirus disease named Covid-19". BBC News Online. 11 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  3. World Health Organization (2020). Surveillance case definitions for human infection with novel coronavirus (nCoV): interim guidance v1, January 2020 (Informe). World Health Organization. hdl:10665/330376. WHO/2019-nCoV/Surveillance/v2020.1. 
  4. "Healthcare Professionals: Frequently Asked Questions and Answers". United States Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 11 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  5. "About Novel Coronavirus (2019-nCoV)". United States Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 11 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  6. "New-type coronavirus causes pneumonia in Wuhan: expert". Xinhua. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  7. "CoV2020". GISAID EpifluDB. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NYT 20200130
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Chan24Jan2020
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NatureZhou
  11. Perlman S (febreiro de 2020). "Another Decade, Another Coronavirus". The New England Journal of Medicine 382 (8): 760–762. PMID 31978944. doi:10.1056/NEJMe2001126. 
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :4
  13. 13,0 13,1 World Health Organization (2020). Novel Coronavirus (2019-nCoV): situation report, 22 (Informe). World Health Organization. hdl:10665/330991. 
  14. Shield C (7 de febreiro de 2020). "Coronavirus: From bats to pangolins, how do viruses reach us?". Deutsche Welle. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  15. "Unite against COVID-19". New Zealand Government - Unite against COVID-19. 
  16. Huang P (22 de xaneiro de 2020). "How Does Wuhan Coronavirus Compare with MERS, SARS and the Common Cold?". NPR. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  17. Fox D (24 de xaneiro de 2020). "What you need to know about the Wuhan coronavirus". Nature. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/d41586-020-00209-y. 
  18. Yam K (12 de marzo de 2020). "GOP lawmakers continue to use 'Wuhan virus' or 'Chinese coronavirus'". NBC News. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  19. Dorman S (11 de marzo de 2020). "McCarthy knocks Dems after they claim saying 'Chinese coronavirus' is racist". Fox News. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  20. Taylor-Coleman J (5 de febreiro de 2020). "How the new coronavirus will finally get a proper name". BBC. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  21. World Health Organization (2015). World Health Organization best practices for the naming of new human infectious diseases (Informe). World Health Organization. hdl:10665/163636. WHO/HSE/FOS/15.1. 
  22. Hui M (18 de marzo de 2020). "Why won’t the WHO call the coronavirus by its name, SARS-CoV-2?". Quartz. Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  23. "Naming the coronavirus disease (COVID-2019) and the virus that causes it". World Health Organization. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. Desde unha perspectiva de comunicacións de risco, usar o nome SARS pode ter consecuencias non pretendidas en termos de crear un medo innecesario nalgunhas poboacións.... Por esta razón e outras, a OMS enpezou a referirse ao virus como "o virus responsable da COVID-19" ou "o virus da COVID-19" cando se comunica co público. Ningunha destas designacións se pretende [sic] que substitúan o nome oficial do virus acordado pola ICTV. 
  24. Harmon A (4 de marzo de 2020). "We Spoke to Six Americans with Coronavirus". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search