Sexismo

Sede da Asociación Nacional Contra o Sufraxio Feminino. As reivindicacións históricas para eliminar a discriminación sexual xeraron forte oposición na sociedade xa que os cambios na igualdade legal supoñían e supoñen cambios profundos nas mentalidades.

O sexismo é a discriminación baseada no xénero ou sexo. Tamén se refire ás características e comportamentos que se atribúen tradicionalmente ao home ou á muller[1].

As actitudes sexistas sostéñense en crenzas e estereotipos tradicionais sobre os distintos roles de xénero. A discriminación sexual non é só un concepto dependente de actitudes individuais, senón que se atopa incorporado en numerosas institucións da sociedade. A miúdo o sexismo é asociado con argumentos sobre a supremacía de xénero[2].

Existen varias clasificacións posibles do sexismo atendendo a distintos criterios:

  • Contra mulleres: este tipo de sexismo é o máis común e vai dirixido cara persoas cuxo sexo biolóxico se corresponde coa súa identidade de xénero (feminino). Este tipo de sexismo é tamén coñecido como misoxinia[2], que significa “odio ás mulleres” e pode derivar tamén da crenza na supremacía do xénero masculino.
  • Contra transexuais: este tipo de sexismo aplícase a persoas cuxa identidade de xénero non se corresponde co seu sexo biolóxico. É especialmente grave, xa que estes ataques discriminatorios se suman á ansiedade e á dor emocional que de por si produce a disforia de xénero, un fenómeno psicolóxico[2] que se dá nalgunhas persoas transexuais.
  • Contra homes: este tipo de sexismo está moi relacionado co concepto de misandria, é dicir, a aversión cara aos homes en xeral. Pódese dicir que é o tipo de sexismo menos común.
  • Sexismo normativo: este tipo de sexismo non se expresa a través da violencia, pero tampouco ten nada que ver coa aparente amabilidade que adoita exhibir. No sexismo normativo a expresión tácita dunha afirmación nos roles de xénero tradicionais non se xustifica en nada que non sexa o propio costume costume. Preguntar a unha muller, por exemplo, sobre cando ten pensado atopar un marido que a manteña é un exemplo deste tipo de sexismo.[3]
  • Sexismo hostil: plásmase en actitudes e accións baseadas na hostilidade, a agresividade e a violencia física ou simbólica. Por exemplo, dar golpizas a alguén polo seu xénero é unha forma clara de sexismo deste tipo. Algúns subtipos desta clase de sexismo son os seguintes:
  1. -Por transgresión do doméstico: sexismo baseado no rexeitamento a que a muller acceda á faceta pública da sociedade, é dicir, aquela que está máis alá das tarefas domésticas e reprodutivas.
  2. -Por cuestións sexuais: a través deste inténtase vulnerar o modo no que se experimenta a propia sexualidade[4].

As prácticas sexistas afectan principalmente ás mulleres[5] dada a vixencia de crenzas culturais que as consideran inferiores ou desiguais aos homes por natureza.

  1. "Exprésate sin sexismo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 19 xuño 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Sexismo". Consultado o 19 xuño 2017. 
  3. "Sexismo". Consultado o 19 xuño - 2017. 
  4. "Psicología y mente". Consultado o 19 xuño 2017. 
  5. "definición.de". Consultado o 19 xuño 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search