Sikorsky UH-60 Black Hawk

Sikorsky UH-60 Black Hawk
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo17 de outubro de 1974
Introducido1979
Produción1974-presente
Unidades construídasunhas 4 000
VariantesSikorsky SH-60 Seahawk
Sikorsky HH-60 Pave Hawk
Sikorsky HH-60 Jayhawk
Mitsubishi H-60

O Sikorsky UH-60 Black Hawk é un helicóptero utilitario medio de catro palas fabricado por Sikorsky Aircraft. Sikorsky enviuou o deseño S-70 para a competición do Exército dos Estados Unidos Utility Tactical Transport Aircraft System (UTTAS) en 1972. O Exército designou o prototipo como YUH-60A e seleccionou ao Black Hawk como gañador do programa en 1976, despois de competir co Boeing Vertol YUH-61.

Chamado así polo líder nativo americano Black Hawk, o UH-60A entrou en servizo co Exército estadounidense en 1979 para substituír o Bell UH-1 Iroquois como helicóptero táctico de transporte. Este foi seguido polas variantes de guerra electrónica e operacións especiais do Black Hawk. Tamén se desenvolveron as variantes utilitarias melloradas UH-60L e UH-60M. Hai tamén versións modificadas para a Armada dos Estados Unidos, a USAF, e a Garda Costeira. A familia UH-60 tamén foi exportada a varias nacións. Os Black Hawk serviron en combate durante conflitos en Granada, Panamá, Iraq, Somalia, os Balcáns, Afganistán, e outras zonas de Oriente Medio.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search