Slipknot

Slipknot
Actuación no Graspop metal meeting (2011)
OrixeDes Moines (Iowa), Estados Unidos de América Estados Unidos
PeríodoDende 1995
Xénero(s)Nu metal,[1][2] metal alternativo[3][4]
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner
MembrosCorey Taylor
Mick Thomson
Jim Root
Craig Jones
Sid Wilson
Shawn Crahan
Chris Fehn
Antigos membrosAnders Colsefni
Donnie Steele
Josh Brainard
Paul Gray
Greg Welts
Brandon Darner
Joey Jordison
Artistas relacionadosStone Sour, Murderdolls, To My Surprise, Scar the Martyr, Roadrunner United
Na rede
http://www.slipknot1.com/
IMDB: nm1446314 Facebook: slipknot Twitter: slipknot Instagram: slipknot MySpace: slipknot1 Youtube: UCOJZ1tna8yj8mAEITPkHNCQ TikTok: slipknot Souncloud: slipknot Spotify: 05fG473iIaoy82BF1aGhL8 iTunes: 6907568 Last fm: Slipknot Musicbrainz: a466c2a2-6517-42fb-a160-1087c3bafd9f Songkick: 1012485 Discogs: 38523 Allmusic: mn0000750742 Deezer: 117 Genius: Slipknot Editar o valor em Wikidata

Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal.[5][6][7][8] O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison. Gray faleceu o 24 de maio de 2010, sendo substituído ata 2014 por Donnie Steele. Jordison deixou o grupo o 12 de decembro de 2013. Steele saíu do grupo durante a gravación de .5: The Gray Chapter, e o grupo pasou a realizar unha xira cos músicos Alessandro Venturella no baixo e Jay Weinberg na batería.

O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo.[9][10] Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo,[11] acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome numetalStylus
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ws-post1
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RRnew
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Larkin
  5. BlackGoat (ed.). "Slipknot, SlipKnot, Slip Knot, Slipknot, SlipKnot, Slip Knot". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2008. 
  6. Udo, Tommy (2002). Sanctuary Publishing, ed. Brave Nu World. pp. 124. ISBN 186074415X. 
  7. Mudrian, Albert (2004). Feral House, ed. Choosing Death:The Improbable History of Death Metal and Grindcore. pp. 258. ISBN 193259504X. 
  8. Huey, Steve. Allmusic, ed. "Slipknot Biography" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2013. 
  9. "Slipknot". AllMusic. Consultado o February 4, 2013. 
  10. Slipknot: Unmasked. Joel McIver. December 1, 2001. 
  11. Roadrunner Records, ed. (31 de xullo de 2008). "Slipknot Tops Bill On Mayhem Festival". Blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de febreiro de 2008. 
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Grammy

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search