ประเทศไทย (th) ![]() | |||||
Himno | Phleng Chat ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Elefante asiático (animais) Sala (en) ![]() Cassia fistula (flor) ![]() | ||||
Alcume | Land of Smiles ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bangkok ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 66.188.503 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua tailandesa ![]() | ||||
Relixión | budismo, islam e cristianismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 513.119,5 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Doi Inthanon (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Golfo de Tailandia (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional ![]() | ||||
• Rei ![]() | Maha Vajiralongkorn (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Thailand (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeira ministra ![]() | Paetongtarn Shinawatra (2024–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | National Legislative Assembly of Thailand (2014) (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 505.568.057.004 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Baht ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .th ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +66 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 191 (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | TH ![]() | ||||
Sitio web | thaigov.go.th ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] (axuda · info)), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
O país réxese por unha monarquía constitucional encabezada polo rei Rama X, décimo soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano 2016. O rei de Tailandia posúe os cargos de xefe de Estado, xefe das Forzas Armadas, seguidor do budismo e defensor das relixións.[1]
Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado máis grande do mundo en canto á súa área total e 20º máis poboado con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é Bangkok, centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe chinesa e o 3% malaia;[2] o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a tailandesa e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O calendario oficial de Tailandia baséase na versión budista, que está 543 anos por diante do calendario gregoriano.
Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre 1985 e 1996, sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O turismo tamén contribúe de modo significativo á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search