Tanzania

Modelo:Xeografía políticaTanzania
Jamhuri ya Muungano wa Tanzania (sw)
United Republic of Tanzania (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoMungo ibariki Afrika Editar o valor em Wikidata

Lema«Freedom and Unity (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aTanganica e Zanzíbar Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°18′S 34°54′L / -6.3, 34.9Coordenadas: 6°18′S 34°54′L / -6.3, 34.9
CapitalDodoma (1996–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Dar es Salaam
Iringa (pt) Traducir
Kigoma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 37+
Poboación
Poboación57.310.019 (2017) Editar o valor em Wikidata (60,5 hab./km²)
Lingua oficialLingua suahili (De facto)
lingua inglesa (De facto) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie947.303 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoKibo (pt) Traducir (5.895 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación26 de abril de 1964 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente da Tanzânia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataSamia Suluhu (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCabinet of Tanzania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Tanzânia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataSamia Suluhu Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional da Tanzânia (pt) Traducir , (Escano: 393) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal70.655.628.141 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaxelim tanzaniano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tz Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+255 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 114 (pt) Traducir e 115 Editar o valor em Wikidata
Código de paísTZ Editar o valor em Wikidata

Páxina webtanzania.go.tz Editar o valor em Wikidata
BNE: XX451594

Tanzania,[1] oficialmente República Unida de Tanzania (en suahili: Jamhuri ya Muungano wa Tanzania),[2] é un país da África oriental, dentro da rexión dos Grandes Lagos Africanos. Limita ao norte con Uganda e Kenya, ao leste polo océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malaui e por Zambia e ao oeste por Burundi, por Ruanda e pola República Democrática do Congo, fronteira exclusivamente lacustre, a través do Lago Tanganica. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. O Kilimanjaro, a montaña máis alta de África, está situada no nordeste de Tanzania. Segundo as Organización das Nacións Unidas, Tanzania ten unha poboación de 63,59 millóns, polo que é o país máis poboado situado totalmente ao sur do ecuador.

O país está dividido en 30 rexións administrativas: cinco na área semi-autónoma do arquipélago de Zanzíbar e 25 no continente, na antiga Tanganica.[3] O xefe do estado é o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete, elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania e Dodoma, onde está localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno.[4] Entre a súa independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam, serviu como capital política. Segue a ser a principal cidade comercial do país e numerosas institucións do goberno seguen localizadas alí.[3][5] É tamén o porto máis importante do país.[6]

Tanganica e Zanzíbar fusionáronse o 26 de abril de 1964 para formar a República Unida de Tanganica e Zanzíbar.[3] O 29 de outubro dese mesmo ano, o país foi renomeado como República Unida de Tanzania ('Tan' provén de Tanganica e 'Zan' de Zanzíbar).[3] É, canda Kenya e Uganda, un dos tres países da África oriental ex británica. Agás os masai do norte do país, que son nilocamitas, o resto da poboación está formada por unhas 140 tribos bantú, sendo as máis importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o inglés son as dúas linguas oficiais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tanzano.
  2. Tanzania. Dictionary.com. Dictionary.com Unabridged (v 1.1). Random House, Inc. (consultado: 27 de marzo de 2007).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Central Intelligence Agency (2013). The World Factbook, ed. "Tanzania". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  4. Tanzania.go.tz (ed.). "The Tanzania National Website". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2013. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  5. Tanzania.go.tz (ed.). "The Tanzania National Website: Country Profile". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  6. ""Dar es Salaam Port", Tanzania Ports Authority". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search