Terra Nova | |
---|---|
Terre-Neuve (francés) Taqamkuk (míkmaw) Talamh an Éisc (gaélico) Ikkarumikluak (inuttitut) | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincia | Terra Nova e Labrador |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 49°00′N 56°00′O / 49.000, -56.000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 108.860 km² |
Perímetro | 9.656 |
Punto máis alto | 814 m. O Cabox |
Demografía | |
Capital | San Xoán de Terra Nova (200.600 hab.) |
Poboación | 479.105[1] (2006) |
Terra Nova[2][3][4] (en inglés: Newfoundland; en francés: Terre-Neuve; en irlandés: Talamh an Éisc; latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.
Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.
Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search