Vampiro

Un vampiro é, na cultura popular de varios países, unha criatura que se alimenta de sangue de seres vivos para manterse activo. Probablemente a base da maioría das ideas acerca de vampiros que forman parte da cultura popular actual sexa o libro Drácula de Bram Stoker, e as películas de cinema baseadas nel, como Nosferatu e Drácula de Bram Stoker. Algúns estudosos do vampirismo suxeriron que estas lendas se achan relacionadas total ou parcialmente con casos de patoloxías reais como a rabia; interesante o estudo do neurólogo español Juan Gómez Alonso Os vampiros á luz da medicina; ou a porfiria. Xunto co home lobo, o vampiro é quizais o máis famoso ser sobrenatural da cultura popular humana.

A palabra "vampiro" vén das linguas eslavas (do alemán vampir, que se deriva do polaco temperán vaper e este á súa vez do eslavo arcaico oper; con raíces indoeuropeas paralelas no turco e no persa). Significa á vez "ser voador", "beber ou chupar" e "lobo", ademais de facer referencia a certo tipo de morcego. Durante a expansión do Romanticismo en Europa, a principal reacción ó período previo de Ilustración enciclopédica e racionalista, o vampiro converteuse nunha temática común e pasou da lenda oral ós castelos e os salóns elegantes.

Ilustración moderna dun vampiro

Outros nomes son vurdalak (ruso moderno), vrolok (eslovaco), strigoï ou strigoiul (romanés), bukolako ou vukodlak (serbio), upiro (polaco), nosferatu (do grego nosophoro (portador de enfermidade) e vampyrus (latín).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search