Xenocidio armenio

O xenocidio armenio (en armenio: Հայոց ցեղասպանություն; Hayots tseghaspanutyun, e en turco: Ermeni Soykırımı) (tamén coñecido coma holocausto armenio ou masacre armenio) é o termo normalmente empregado para facer referencia á deportación masiva e á morte durante a mesma dun número indeterminado de civís armenios, estimado en varios centos de miles ou máis dun millón, no goberno dos Mozos Turcos no Imperio Otomán, dende 1915 até 1917, durante a primeira guerra mundial.

Varios puntos en relación co xenocidio armenio son aínda hoxe materia dunha ardua discusión entre Turquía e a comunidade internacional. Aínda que non nega que os asasinatos de civís armenios ocorreran na realidade, o goberno turco non admite que se tratase dun xenocidio, argumentando que as mortes non foron a resulta dun plan de exterminio masivo organizado polo estado otomán, senón que, en troques, foron causadas polas loitas étnicas, as enfermidades e a fame durante o confuso período da primeira guerra mundial. A pesar desta tese, case tódolos estudosos -até algúns turcos- opinan que os feitos encádranse na definición actual de xenocidio. Unha listaxe crecente de países recoñecen oficialmente a autenticidade do "Xenocidio armenio".

Nestes intres son 29 os Estados que oficialmente o definen coma un xenocidio.

Mapa que indica os países que recoñeceron o xenocidio armenio

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search