Xenxibre

Raíz de xenxibre empregada coma ingrediente culinario.
Gari, conserva en vinagre típica da gastronomía xaponesa, especialmente acompañando ao suxi.

O xenxibre[1][2] (Zingiber officinale) é unha planta da familia das cinxiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu recendo e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm. O seu rizoma é carnoso, de forma alongada, nodoso, de cor castaña clara polo exterior e abrancazada polo interior; desecado emprégase coma condimente, caracterizándose polo seu sabor picante[3].

Medra en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse na China.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenxibre.
  2. Sen presenza nas obras lexicográficas modernas, a voz sinxebra aparece entre outros nos dicionarios: Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  3. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search