Yap

Yap
Yap
Mapa das illas Yap
Situación
PaísEstados Federados de Micronesia Micronesia
Coordenadas9°32′N 138°07′L / 9.533, -138.117
Xeografía
Superficie100´16 km²
Punto máis alto178 m.
Demografía
CapitalColonia
Poboación11.377 hab. (censo 2010)
Densidade37 hab./km²

Yap ou Waqab (yapés Waqab[1]) é unha illa das Carolinas no océano Pacífico occidental, no estado máis ao oeste dos Estados Federados de Micronesia. O nome "Yap" nos últimos anos serve tamén para referirse ao Estado de Yap, como un dos Estados Federados de Micronesia, inclúe a illa principal de Yap e as súas diversas illas exteriores. A "illa" de Yap consiste en realidade en catro illas continentais moi próximas (Marbaq), Gagil-Tamil, Maap (Maap′), e Rumung, xuntas e rodeadas por un arrecife de coral común. Formáronse a partir dunha elevación da Placa Filipina, e coñécense como illas "altas" en lugar dos habituais atois. O relevo é na súa maioría outeiros densamente cubertos de vexetación. Os pantanos de mangleiral alíñanse por gran parte da costa, aínda que hai praias nos lados norte das illas. A barreira externa de arrecifes rodea as illas, encerrando unha lagoa entre os arrecifes lindeiros e o bordo interno da barreira de arrecifes.

A cultura e tradicións indíxenas de Yap son fortes en comparación con outros estados de Micronesia, é quizais o máis tradicional dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia.[2]

Colonia é a capital do Estado de Yap, a súa administración inclúe as illas principais de Yap, as illas veciñas e as illas exteriores unhas 130 (na súa maioría atois) que chegan ata uns 800 km. ao leste e o sur das illas principais de Yap, están, os atois de Eauripik, Élato, Faraulep, Gaferut, Ifalik, Lamotrek, Ngulu, Olimarao, Piagailoe (West Fayu), Pikelot, Sorol, Ulithi, e Woleai, así como as illas de Fais e Satawal (véxase o mapa). Historicamente, existía un sistema tributario entre as illas veciñas e as illas principais de Yap. Probablemente relacionado coa necesidade de que as mercancías procedían das illas altas, incluídos os alimentos, así como a madeira para a construción de buques para a navegación marítima.

A poboación do estado en 2010 era de 11.377 habitantes, a suma de Colonia e os outros dez concellos. O estado ten unha superficie total de 102 km².[3]

  1. "Yap". Yapese Dictionary: English Finderlist. Actualizado o 15 de xuño de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2013.
  2. Mary B. Dickenson (ed.). National Geographic Picture Atlas of Our World. National Geographic Society. p. 235. ISBN 0-87044-812-9. 
  3. "FSM Population". Fsmgov.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-15.  Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search