Asteroids | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de disparos e videoxogo de ciencia ficción ![]() |
Modo de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Lyle Rains ![]() |
Desenvolvedor | Atari, Inc. ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Editorial | Atari, Inc. ![]() |
Plataforma | máquina recreativa, Atari 2600, Atari 7800, Xbox 360, Microsoft Windows, iOS, MOS Technology 6502 e Android ![]() |
Parte da serie | Asteroids ![]() |
Cronoloxía | |
Localización | |
Colección | Museo de Arte Moderna de Nova York ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | atari.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Asteroids é un videoxogo arcade de tiros no espazo que foi lanzado en novembro de 1979[1] por Atari, Inc. e deseñado por Lyle Rains, Ed Logg e Dominic Walsh. O xogador controla unha nave espacial nun campo de asteroides que periodicamente é atravesado por discos voadores. O obxectivo do xogo é disparar e destruír os asteroides e os discos evitando colidir con eles e os disparos inimigos. O xogo incrementa a súa dificultade conforme medra o número de asteroides.
Asteroids foi un dos meirandes éxitos da Idade de Ouro dos arcades. O xogo vendeu máis de 70 000 máquinas recreativas, sendo moi popular entre os xogadores e moi influente nos desenvolvedores de videoxogos. Dende entón, foi adaptado a múltiples plataformas. Asteroids foi amplamente imitado e influíu directamente en xogos como Defender,[2] Gravitar, e moitos outros.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search