Aveta | |
---|---|
![]() Aveta, ou unha deusa nai semellante, nunha estatua de terracota de Tréveris. (Réplica). | |
Tipo | deidade da auga ![]() |
Venerado por | mitoloxía celta ![]() |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
[ Wikidata ] |
Na relixión celta, Dea Aveta foi unha deusa nai, tamén asociada coa fonte de auga fresca Tréveris, no que hoxe é Alemaña.[1] Aveta é coñecida polas figuriñas de barro atopadas Toulon-sur-Allier en Francia[2] e en Tréveris. Esas figuras amosan á deusa con bebés no peito, cadelos pequenos ou cestos de froita.[1] Había un templo dedicado a Aveta no complexo de Altbachtal en Tréveris.[3]
O seu nome sábese por inscricións atopadas en Suíza, e en Côte-d'Or (Francia).[4]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search