Balar

Balar
Tipodeidade da morte e personaxe da mitoloxía irlandesa Editar o valor en Wikidata
Parte deMitoloxía irlandesa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBuarainech (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCethlenn Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Balar ou Balor, é o nome irlandés dun personaxe da mitoloxía celta. Pertencía á raza de deuses chamados os Fomoré. Posuía un ollo na fronte e outro na parte posterior da testa, que era maligno e que habitualmente mantiña pechado. Cando o abría, a súa mirada era mortal para aquel en quen a fixase. Esa mirada era o raio.

Balar foi quen matou o rei dos Tuatha Dea Dannan, Nuada, durante a Seguna Batalla de Magh Tuiredh. Lug, querendo vingar a Nuada, aproximouse a Balar (cuxo ollo maligno se volveu pechar despois de matar a Nuada). Ao darse conta que Lug se lle achegaba tentou volvelo abrir. Pero Lug foi máis rápido, lanzoulle unha pedra coa súa onda, que lle deu no ollo maligno, atravesándolle o cranio. Balar caeu morto de inmediato. Balar era avó materno de Lug, a pesar do cal morreu ás súas mans.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search