Bdeloideos (rotíferos) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopio de varrido de varios rotíferos bdeloideos e as súas mandíbulas | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
|
Os bdeloideos (Bdelloidea), do grego βδελλα, bdella, "sambesuga", é unha clase de rotíferos que viven en augas doces de todo o mundo. Describíronse unhas 450 especies de rotíferos bdeloideos, que se distinguen entre si principalmente pola súa morfoloxía.[1] As principais características que distinguen os bdeloideos dos grupos de rotíferos relacionados son exclusivamente a reprodución partenoxenética e a súa capacidade de sobreviviren en ambientes secos e rigorosos ao entraren nun estado de dormencia inducida polo desecamento (anhidrobiose) en calquera dos seus estadios vitais.[2] Con frecuencia denomínanse os "asexuais antigos" debido á súa peculiar historia asexual que comprende os últimos 25 millóns de anos de rexistro fósil.[3] Os rotíferos bdeloideos son organismos pluricelulares microscópicos, que miden xeralmente entre 150 e 700 µm de lonxitude.[2] A maioría son só un pouco máis pequenos do necesario para poder verse a simple vista, pero vense como pequenos puntos brancos usando unha lupa de pouco aumento, especialmente con luz brillante.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search