Bordura

O bordo, bordura ou bordadura é un termo usado en heráldica para indicar unha franxa ou lista adherida á marxe interior do escudo, da que segue a sinuosidade. Ampla, en teoría, aproximadamente un módulo (1/7 do ancho do escudo).

O termo é usado maiormente para indicar a peza honorábel que consiste nunha franxa que rodea o escudo e ten un sexto do seu ancho. No brasonamento cítase como último elemento. Moitas veces está cargado de figuras, por exemplo no escudo de Portugal, cargado de castelos de ouro.[1]

  1. @NatGeoPortugal (2020-04-20). "Sabe Quais São os 7 Castelos da Bandeira Portuguesa?". National Geographic (en portugués). Consultado o 2023-01-07. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search