Cardiolipina

Cardiolipina
Nome IUPAC:1,3-bi(sn-3'-fosfatidil)-sn-glicerol

A cardiolipina (CL) é un fosfolípido que se pode describir como formado por dous ácidos fosfatídicos unidos entre si por unha ponte de glicerol, que esterifica os fosfatos, ou tamén como un fosfatidilglicerol unido a un ácido fosfatídico. A cardiolipina é un importante compoñente da membrana mitocondrial interna, onde constitúe arredor do 20% dos lípidos, e case é exclusivo de ditas membranas. Tamén hai cardiolipinas nas membranas da maioría das bacterias. O nome cardiolipina procede de que foi atopada por primeira vez en extractos de corazón de vaca na década de 1940.[1] Nas células de mamíferos e tamén nas de plantas,[2][3] as cardiolipinas da membrana mitocondrial interna son esenciais para o correcto funcionamento de numerosos encimas implicados no metabolismo enerxético mitocondrial.

  1. Pangborn M. (1942). "Isolation and purification of a serologically active phospholipid from beef heart". J. Biol. Chem. 143: 247–256. 
  2. M. Nowicki and M. Frentzen (2005). "Cardiolipin synthase of Arabidopsis thaliana". FEBS Letters 579 (10): 2161–2165. PMID 15811335. doi:10.1016/j.febslet.2005.03.007. 
  3. M. Nowicki (2006). "Characterization of the Cardiolipin Synthase from Arabidopsis thaliana". Ph.D. thesis, RWTH-Aachen University. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search